
As baleas azuis son os animais máis grandes do planeta e poden vivir máis dun século, pero están en perigo de extinción. Foron ameazadas pola caza en Galicia ata mediados da década dos oitenta, o que converteu ao Atlántico norte da península ibérica nunha zona de risco para a especie. Xa non é así. Todo parece indicar que estes xigantes comezaron a facer visitas anuais ás costas galegas en busca de comida, segundo Bruno Díaz, investigador principal do Proxecto Balaenatur, que estuda a presenza dos cetáceos. Isto leva, ao cotexarse coas observacións doutros científicos en todo o mundo, a unha hipótese aínda máis emocionante: a poboación de mamíferos mariños está a recuperarse do dano que lle causou a humanidade. Rexistráronse avistamentos destes xigantes nas Rías Baixas desde 2017, pero este ano o equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute ( BDRI), o centro a cargo do proxecto, puido identificar os exemplares. Isto serve para saber se son os mesmos que se viron en anos pasados e para confirmar que non só están de paso pola zona, senón que regresan anualmente. Díaz cre que a afección dos cetáceos por estas augas ten que ver cun fenómeno oceánico ao que chaman afloramiento: no verán, os ventos do norte empuxan a auga superficial mar dentro. Isto fai que das profundidades, moi rica en nutrientes, emerxa máis preto á costa e provoque unha “explosión” de alimento para esta especie. O movemento das augas é tamén o responsable das baixas temperaturas do mar no sur de Galicia.
Enlace da noticia: https://elpais.com/sociedad/2020-10-16/el-regreso-de-las-ballenas-azules-a-los-mares-de-galicia.html